A asociación de utilidade pública Visión e Vida, Correos Express e o Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia poñen en marcha a campaña “Sen perderte de vista”, unha iniciativa que se desenvolverá en catro pobos galegos para fomentar o coidado visual e revisar, in situ, o estado da visión duns 50 veciños de cada municipio.
Porque o envellecemento, a distancia respecto ós establecementos sanitarios de óptica e optometría, así como a situación económica persoal dos cidadáns adoitan pasar factura á saúde visual. Por iso, e grazas ó servizo porta a porta de Correos Express, profesionais da visión desprazaranse a Rinlo, Muras, Avión e Vilariño de Conso para revisar ós veciños e recoller, anonimamente, datos para saber canto afecta á visión o feito de vivir nas zonas máis despoboadas de España.
Se algún medio quere cubrir a noticia, deixamos información das xornadas de actividade:
- RINLO: 28 de maio. Escola Vella. 10h-14h / 15.30h-19h
- MURAS: 30 de maio. Centro de Saúde. 10h-14h / 15.30h-19h
- AVIÓN: 1 de xuño. Centro Integral S.S. Alvetus. 10h-14h / 15.30h-19h
- VILARIÑO DE CONSO: 3 de xuño. Salón de actos Concello. 10h-14h / 15.30h-19h
Os 222 habitantes de Rinlo, os 521 de Vilariño de Conso, os 600 de Muras ou os case 1.800 de Avión poderán vivir unha experiencia única, grazas á participación dos equipos consistoriais dos municipios, o interese dos veciños e os profesionais sanitarios ópticos-optometristas.
Deste xeito, Galicia servirá como rexión piloto para analizar se o lugar no que vives pode afectar ao bo estado da túa saúde visual.